O Concello de Viveiro comezará os arranxos das pasarelas de madeira no paseo de Xunqueira

As obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira serán na zona comprendida entre o pantalán e Portochao.


O Concello de Viveiro informa que o vindeiro luns, 6 de xuño, comezarán as obras de arranxo da pasarela de madeira do paseo fluvial de Xunqueira, entre o pantalán e Portochao.

A realización destas obras ten unha duración prevista de quince días.
Como consecuencia desta actuación, pecharase o acceso ao paseo naquela zona na que se estea traballando en cada momento. Dende o goberno municipal pídense desculpas polas molestias que poida ocasionar a execución destas obras.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here